martes, 15 de junio de 2010

As mellores intencións - Fragmento - I



Sorprendínme bicándoa no cabelo. Pobre cinsenta de neuronas pegañentas, devecendo polo seu príncipe chuchado e calvo. Entendíaa tan ben. De certo que cando era máis nova pensou que cos anos a súa vida cambiaría para mellor, e despois, cando a realidade lle deu a primeira labazada, arrincaríase os dentes por parva, arrincaríase os dentes que non lle arrincara a vida, gustaríalle tanto volver atrás, gustaríalle tanto deter esa roda infernal na que un non deixa de se decepcionar. Ese é o verdadeiro inferno, a decepción, descubrir que as cousas xa nunca serán como as soñaches, tiveches a túa vida na man e estragáchela, décheslla a outro sen pensar que esoutro era coma ti, alguén que botou a perder a súa vida entregándolla a quen non soubo que facer con ela, porque unha vida é material moi fráxil, material biolóxico altamente contaminable, e o amor un proceso químico no que algo se degrada, sempre se degrada.

"As mellores intencións". Begoña Paz. Xerais, 2008.

No hay comentarios: