A REGRA
Tarde ou cedo
Por unha razón ou por outra
Cunha escusa ou con outra
Todos acabamos
Traizoando
A imaxe primeira
Do noso amor
Entón
A conformármonos
Miserable mente
A deturpármonos
Arreo
Enganámonos
De todo
Resolvemos
O dilema das feridas
Culpando a esa pedra allea
De esnaquizar o espello
Simplemente
Pra podermos sobrevivir...
Tamén nós
Tamén eu
Coidei durante un tempo
Que venceriamos a desgracia
Que xuntos dariamos en ser
Desa regra a excepción
As nosas sombraas no xardín de Serralves. Xoán Abeleira. Franouren, 2010.
No hay comentarios:
Publicar un comentario